viernes, 4 de septiembre de 2009

O CASTRO DE BAROÑA



Nos tempos antigos uns poucos fixeron fogar cabo do mundo. Cada mañá ao espertaren fitaban a liña inexistente, inundaban os seus ollos de índigo profundo e enchían o peito de salitre mentres o vento lles despexaba a fronte. Desde o seu nacemento criábanse na inmensidade e medraban contemplando o sublime. Fixéronse fortes ao facerse sabedores da súa insignificancia.

Na foto de abaixo, unha turista espontánea mirando o horizonte